Jambo Bwana

viernes, 17 de mayo de 2013


Ola moz@s, hoxe, 17 de maio, é o Día das letras Galegas.
Sabedes quen foi a primeira homenaxeada?
Foi Rosalía de Castro no ano 1963.
Este ano tamén conmemoramos os 150 anos da publicación do seu libro "Cantares Galegos", lembrades?:

Adios rios, adios fontes,
Adios regatos pequenos,
Adios vista dos meus ollos
Non sei cando nos veremos.

Miña terra, miña terra,
Terra onde m´eu criey,
Ortiña que quero tanto,
Figueiriñas que prantey.

Prados, rios, arboredas,
Pinares que move ó vento,
Paxariños piadores,
Casiña dó meu contento.

Muiño d´os castañares,
Noites craras de luar,
Campaniñas trimbadoras
Dá igrexiña dó lugar.

Amoriñas d´ ás silveiras
Qu´ eu lle dab´ ó meu amor,
Camiñinos antr´ó millo,
Adios para sempr´ adios!

Adios groria! adios contento!
Deixo á casa onde nacín,
Deixo á aldea que conoço,
Por un mundo que non vín!

Deixo amigos por estraños,
Deixo á veiga pó lo mar,
Deixo, en fin, canto ben quero...
¡Que pudera non deixar!


No hay comentarios:

Publicar un comentario