Jambo Bwana

miércoles, 17 de mayo de 2017

Ola moz@s hoxe, como todos os años, vou dedicarlle unha entrada ao Día das Letras Galegas, xa que como boa galega que son, celebro esta festa rexional.
Este ano o día se lle dedica a Carlos Casares, autor de "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas", "A galiña azul", "Un polbo xigante", etc...
Hox os vouvos  contar algo sobre al, en galego, claro:




"Hai xente que fala da vida a través dos conceptos; outros tenden a facelo con imaxes e algúns máis con metáforas. Sempre tiven a tendencia, mesmo nas discusións máis abstractas e volátiles, a entender o mundo baixo a especie do narrado"

Carlos Casares Mouriño naceu en Ourense o 24 de agosto de 1941, fillo de Francisco Casares Dacal e Manuela Mouriño Pérez. Cumpridos apenas os tres anos, a súa familia trasladouse á vila de Xinzo de Limia, onde o seu pai exerceu como mestre e onde transcorreu a súa infancia. Non ben feitos os once anos ingresou no Seminario ourensán. Alí iniciouse nos estudos eclesiásticos, formándose en Humanidades entre os cursos 1952-53 e 1956-57. Durante estes anos vivirá nun ambiente fortemente represivo (incluíndo a prohibición estrita de falar galego), que espertará no autor un espírito inconformista. Naquel centro emprende a súa primeira experiencia literaria, o xornal manuscrito El averno, que difundía clandestinamente. Posteriormente, remata o bacharelato por libre no Instituto de Ensino Medio de Ourense, asistindo a clases nun colexio do propio Xinzo. Daquela, comeza a manifestar as súas inquedanzas literarias, ao gañar un concurso provincial de relatos que lle dará a posibilidade de coñecer a Vicente Risco, antigo líder galeguista, centro dun faladoiro artístico-literario que Casares frecuentaría e onde toma contacto co estreito círculo intelectual do Ourense daquel tempo.
Morreu en 2002, concretamente o 9 de marzo en Nigrán, Vigo.