Ola moz@s hoxe, como todos os años, vou dedicarlle unha entrada ao Día
das Letras Galegas, xa que como boa galega que son, celebro esta
festa rexional.
Este
ano o día se lle dedica a Carlos Casares, autor de "As
laranxas máis laranxas de tódalas laranxas", "A galiña
azul", "Un polbo xigante", etc...
Hox os vouvos contar algo sobre al, en galego, claro:
"Hai
xente que fala da vida a través dos conceptos; outros tenden a
facelo con imaxes e algúns máis con metáforas. Sempre tiven a
tendencia, mesmo nas discusións máis abstractas e volátiles, a
entender o mundo baixo a especie do narrado"
Carlos
Casares Mouriño naceu en Ourense o 24 de agosto de 1941, fillo de
Francisco Casares Dacal e Manuela Mouriño Pérez. Cumpridos apenas
os tres anos, a súa familia trasladouse á vila de Xinzo de Limia,
onde o seu pai exerceu como mestre e onde transcorreu a súa
infancia. Non ben feitos os once anos ingresou no Seminario ourensán.
Alí iniciouse nos estudos eclesiásticos, formándose en Humanidades
entre os cursos 1952-53 e 1956-57. Durante estes anos vivirá nun
ambiente fortemente represivo (incluíndo a prohibición estrita de
falar galego), que espertará no autor un espírito inconformista.
Naquel centro emprende a súa primeira experiencia literaria, o
xornal manuscrito
El
averno,
que difundía clandestinamente. Posteriormente, remata o bacharelato
por libre no Instituto de Ensino Medio de Ourense, asistindo a clases
nun colexio do propio Xinzo. Daquela, comeza a manifestar as súas
inquedanzas literarias, ao gañar un concurso provincial de relatos
que lle dará a posibilidade de coñecer a Vicente Risco, antigo
líder galeguista, centro dun faladoiro artístico-literario que
Casares frecuentaría e onde toma contacto co estreito círculo
intelectual do Ourense daquel tempo.
Morreu
en 2002, concretamente o 9 de marzo en Nigrán, Vigo.